Saltar ao contido

Augsburgo

Augsburgo
 Nome curto
   Aug (de)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Augsburg (de)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Augsburg (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Epónimo
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Florian Freund (2026 - )
Eva Weber (pt) Traducir (2020 - 2026)
Kurt Gribl (2008 - 2020) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
15 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Día festivo
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Entente Florale (en) Traducir (1997) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Rathausplatz Editar o valor en Wikidata
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
303.150 (2023)
263.313 (2008)
263.646 (2009)
264.708 (2010)
272.699 (2012)
276.542 (2013)
269.402 (2011)
254.223 (1970)
242.819 (1987)
283.544 (2014)
288.631 (2015)
185.177 (1950)
165.522 (1925)
289.584 (2016)
28.902 (1808)
281.111 (2014)
286.374 (2015)
292.851 (2017)
249.943 (1975)
295.135 (2019, 2019)
295.830 (2021)
296.478 (2021)
301.033 (2022)
262.000 (1997)
264.800 (1994)
210.500 (1968)
244.000 (1985)
300.000 (2019)
301.105 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
150.044 (2021)
149.977 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
145.786 (2021)
145.158 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
146,87 km²
146,93 km²
0,5 mi² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
489 m
498 m
482 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal86150 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap62407 Editar o valor en Wikidata
VIAF153139306 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09f8q Editar o valor en Wikidata
NUTSDE271 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: stadtaugsburg Instagram: stadtaugsburg Youtube: UCjqDGrT4k_RPp2S16VfsRnQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 295.830 habitantes (31 dec.2020) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg, na súa área metropolitana ten uns 885.000 habitantes.[3]

Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).

Despois de Neuss, Tréveris, Colonia e Xanten, Augsburgo é unha das cidades máis antigas de Alemaña, fundada no 15 a.C. polos romanos como Augusta Vindelicorum, recibe o nome do emperador romano Augusto. Foi unha Cidade Imperial Libre de 1276 a 1803 e o fogar das familias patricias Fugger e Welser que dominaron a banca europea no século XVI. A cidade xogou un papel principal na Reforma como lugar da Confesión de Augsburgo de 1530 e Paz de Augsburgo de 1555. O Fuggerei, o complexo de vivendas sociais máis antigo do mundo, fundouno en 1513 Jakob Fugger. aluvial En 2019, a UNESCO recoñeceu o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo como Patrimonio da Humanidade.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Augsburgo atópase na converxencia dos ríos Alpinos Lech e Wertach e do Singold. A parte máis antiga da cidade e os barrios do sur atópanse no contraforte norte dun socalco alto, que xurdiu entre o bordo empinado dos outeiros de Friedberg no leste e os outeiros altos do oeste. No sur esténdese o Lechfeld, unha chaira aluvial da post idade do xeo entre os ríos Lech e Wertach, onde se conservaron paisaxes primixenias raras. O bosque da cidade de Augsburgo e os breixos do val de Lech están hoxe entre os hábitats de Europa central máis ricos en especies.[5]

Augsburg limita co parque natural dos bosques occidentais de Augsburgo - un gran bosque. A propia cidade tamén é moi verde. Como resultado, en 1997 Augsburgo foi a primeira cidade alemá en gañar o concurso europeo Entente Florale pola cidade máis verde e habitable de Europa.

A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a guerra dos Trinta Anos e durante a segunda guerra mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.

En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Lois XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na segunda guerra mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.

Vista de Augsburgo, dende o oeste

Vista de Augsburgo, dende o oeste

Sistema de xestión da auga

[editar | editar a fonte]

Os sistemas de auga de Augsburgo construíronse entre o século XIV e hoxe. Unha rede de canles, torres de auga, equipos de bombeo e centrais hidroeléctricas proporcionaron auga potable e enerxía á cidade durante séculos.[6]

O 6 de xullo de 2019, o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo designouse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[7]

  1. «Ruswick, paz de» e «Reforma». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. pp. 1770 e 1846. ISBN 9788482893600.
  2. Outros exemplos de uso en: Max Weber (2006). USC, ed. A ética protestante e o "espírito" do capitalismo. Clásicos do pensamento universal 9. Traducido por Xosé Manuel García. ISBN 9788497506137.; Xosé Carlos Caneiro (1997). Xerais de Galicia, ed. Un xogo de apócrifos. ISBN 9788483021293.
  3. "Und-wieder-5000-Menschen-mehr-Augsburg-waechst-und-waechst". www.augsburger-allgemeine.de. 17 de febreiro de 2015.
  4. ""Great honor": Augsburg water management system recognized as a World Heritage". tellerreport.com. 6 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2022.
  5. John G. Kelcey; Norbert Müller (7 de xuño de 2011). Plants and Hábitats das cidades europeas. Springer Science & Business Media. ISBN 978-0-387-89684-7.
  6. James Douet (2018). "The Water Industry as World Heritage" (PDF). The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage (TICCIH). p. 32.
  7. "Seven more cultural sites added to UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 6 July 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.