Partido pola Democracia
| Partido pola Democracia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Partido pola Democracia (en castelán: Partido por la Democracia, PPD) é un partido político chileno socialdemócrata de centroesquerda que se autodefine como democrático, progresista e paritario.[1]
Foi fundado o 15 de decembro de 1987 mediante un acto liderado por Ricardo Lagos, Sergio Bitar e Jorge Schaulsohn no Círculo Español de Santiago.[2] No discurso de constitución, Lagos explicitou que o carácter deste partido era instrumental, xa que buscaba unificar votos para o plebiscito de outubro de 1988, que tiña por obxectivo decidir sobre a continuidade da ditadura militar de Augusto Pinochet, e que o seu principal obxectivo era a reconstrución da reconciliación nacional, polo que se postulaba como un "partido sen fronteiras ideolóxicas".[2] O PPD participou na formación da Concertación de Partidos pola Democracia en 1988, formando parte das sucesivas administracións desta coalición política que gobernaron Chile entre 1990 e 2010.[3]
No ano 2012, o partido uniuse á coalición Por un Chile xusto. A partir de abril de 2013, forma parte da Nova Maioría e como tal, integra o segundo goberno de Michelle Bachelet (2014-2018) en varios postos ministeriais.[3] Dende o 11 de marzo de 2018, toma lugar como oposición no segundo goberno de Sebastián Piñera. A súa organización xuvenil é a Juventud PPD.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Partido por la Democracia. Declaración de Principios 2012" (PDF) (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xullo de 2012.
- 1 2 "Partido por la Democracia". Memoria Chilena. Consultado o 18 de setembro de 2021.
- 1 2 3 "Partidos, movimientos y coaliciones; Partido por la Democracia". Biblioteca do Congreso Nacional de Chile. 2021. Consultado o 18 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido pola Democracia |