Starbucks Corporation é unha empresa multinacional de alimentación, especializada no café, fundada en Seattle, Estados Unidos en 1971. É a compañía de café máis grande do mundo, con máis de 24 000 locais en 70 países. Starbucks vende café elaborado, bebidas quentes e outras bebidas, ademais de bocadillos e algúns produtos como cuncas e grans de café. Tamén ofrece libros, CD de música e películas.
Conta con tres establecementos en Galiza, dous na Coruña,[1] e un na Gran Vía de Vigo.[2]
O primeiro local co nome Starbucks foi aberto en Seattle, Washington en 1971 por Zev Siegel, Jerry Baldwin e Gordon Bowker.
No 1987 Starbucks abriu os seus primeiros locais nas aforas de Seattle e en Chicago. A empresa incorporouse á bolsa de valores o 26 de xuño de 1992, dende entón as accións tiveron un crecemento sostido alcanzando os 39 dólares en 2006.
En 1999 varios locais da cadea foron vandalizados durante as manifestacións contra o cumio da OMC en Seattle.
A empresa foi duramente xulgada e criticada por diversas prácticas consideradas antiecolóxicas, os seus insumos principalmente son sementes manipuladas xeneticamente, que contaminan a terra en varias partes do mundo, non permitindo a supervivencia de sementes endémicas, e prexudicando ao campesiñado, aos cales por este custo menor de sementes manipuladas xeneticamente lles proporciona ingresos menores, aínda que a empresa, co valor engadido, aumenteo moitas mais veces na venda dos seus produtos no libre mercado. Malia isto, cabe mencionar que non en tódalas partes do mundo é así.[3]
En 2015 o músico Neil Young escribiu a canción A Rock Star Bucks a Coffee Shop, criticando á multinacional, polas súas prácticas contra os agricultores e por usar organismos xeneticamente modificados na agricultura.[4]