Saltar ao contido

Douro Litoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douro Litoral
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Localización
 Situado en
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.074.285 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.373,65 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF134911211 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06ssg8 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Douro Litoral é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída pola reforma administrativa de 1936. As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron atribucións prácticas ningunhas, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario cotián dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Facía fronteira ao norte coa provincia de Miño, ao leste con Tras os Montes e Alto Douro, ao sueste coa Beira Alta, ao sur coa Beira Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba constituída por 23 concellos, integrando a totalidade do distrito do Porto, e tamén catro concellos do distrito de Aveiro e dous do de Viseu. Tiña a súa sede na cidade do Porto.

Se a provincia existise na actualidade, contaría probabelmente con 24 municipios, posto que dende entón foi creado un novo concello, na área do distrito do Porto (a Trofa, en 1997, por secesión de Santo Tirso).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto coa de Miño, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho, que xa tivera existencia previa como provincia e comarca.

Actualmente o seu territorio repártese entre as rexións Norte e Centro de Portugal, abarcando a primeira a totalidade do Grande Porto, dous concellos do Ave (Santo Tirso e a Trofa), e a maior parte do Támega (agás os concellos mais setentrionais de Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Mondim de Basto e Ribeira de Pena); a segunda acolle dous concellos do Entre Douro e Vouga (Arouca e Santa Maria da Feira).